Obradoiro de Pobos de Colonización: Castro de Rei

Obradoiro creativo en Castro de Rei

 

En marzo de 2025, ao aveiro do convenio subscrito entre o concello de Castro de Rei e a Universidade de Santiago de Compostela, co apoio da Deputacion de Lugo, realizaranse varios obradoiros de creacion artística, tendo como eixe fundamental a tematica dos pobos de colonización franquista. Nesta ocasión, o traballo, dirixido polos artistas visuais e profesores da USC Vicente Blanco e Salvador Cidrás terá como escaparate a aldea de Matodoso, e desenvolverase no centro educativo do concello.

 

O pobo de Matodoso deseñado polos arquitectos Mariano Fernández Rico, Odón Fernández Lavandera, Santiago García Mesalles, comezouse a edificar en 1956. 

 

A expresiva utilización de pezas de pedra en elementos significativos dos edificios dotacionais de Matodoso, a urbanización do espazo público que os relaciona e o deseño dos volumes, con cubertas inclinadas, sen beirados e xeometrías simples, son recursos de deseño que aproximan as solucións modernas á identidade e tradición dos núcleos rurais típicos da zona.