Publicación do Informe "Transición xusta e coidados: unha enquisa internacional"
Publicación do Informe "Transición xusta e coidados: unha enquisa internacional"
O próximo 20 de novembro terá lugar o lanzamento do Informe "Transición xusta e coidados: unha enquisa internacional", de 15:30 a 17:00 CET a través de Zoom.
O Informe, que foi redactado por un equipo académico internacional coordinado pola investigadora de HISTAGRA- CISPAC Stefania Barca, e publicado polo Instituto das Nacions Unidas sobre Investigación en Desenvolvemento Social (UNRISD), estará dispoñible para a súa descarga en formato PDF no sitio web de UNRISD o día do lanzamento.
O documento representa o resultado final de un traballo colaborativo desenvolvido pola Rede Internacional de Transición Xusta e Coidados coa participación de membros de 17 organizacións de 12 países, incluídos sindicatos, asociacións e movementos sociais, representando a persoas traballadoras de diferentes tipos de coidados, tanto remunerados como non remunerados.
O informe consta dunha introdución titulada "A centralidade do traballo de coidados para unha transición xusta" e cinco capítulos. Cada capítulo é un informe independente dedicado a unha transición xusta nunha das cinco dimensións do traballo de coidados remunerado e non remunerado: coidados domésticos e comunitarios; subministración de alimentos; coidados ambientais; saúde; educación.
Tras o evento do 20 de novembro, cinco seminarios web específicos, en varios idiomas, estarán dedicados a explorar cada unha destas dimensións en detalle.
O programa completo na seguinte ligazón: