Convocado contrato FPI adscrito a HISTAGRA-CISPAC

Convocado contrato FPI adscrito a HISTAGRA-CISPAC
Informamos que está aberta a convocatoria de contrato FPI adscrito ao proxecto do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades: "Reconstruir y deconstruir los sistemas de innovación agraria en el siglo XX. Evidencias históricas de la agricultura atlántica para un futuro sostenible". (PID2024-155185NB-I00) (INNOVAGROMUNDO) do que son responsables os profesores Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas.
Este contrato para a realización dunha tese de doutoramento, no marco do proxecto, desenvolverase no CISPAC, dentro do Grupo HISTAGRA, dirixida polos dous co-IP's do proxecto. O contrato desenvolverase nun espazo de traballo do CISPAC, onde se están a desenvolver investigacións semellantes neste e noutros campos disciplinares. A investigación vai acompañada de formación en doutoramento no centro e mais en estadias anuais en centros e universidades estranxeiras.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro da USC (Data final 20 de outubro de 2025)
A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago (ver ligazón en documento anexo)
Máis información no documento anexo