Plan de Memoria Democrática de Galicia 2025-2028

Posta en marcha do Plan de Memoria Democrática de Galicia para 2025

 

O pasado mes de setembro asinouse por parte da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago o convenio polo que se desenvolve o Plan de Memoria democrática de Galicia para 2025.

 

De novo, como no cuatrienio anterior, HISTAGRA lidera un equipo formado por historiadores, arqueólogos, antropólogo-forense e xenetistas cuxa tarefa son os traballos de esxhumación e recoñecemento de fosas da violencia franquista en Galicia.

 

O Plan cuadrienal de Memoria democrática, que ampara estes traballos, integra tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2025-2028), aínda que os seus obxectivos sexan revisables de forma anual. Estas liñas estratéxicas son:

 

- Localización, exhumación das fosas e identificación de vítimas.

- Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos.

- Recoñecemento dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria 

 

Para a anualidade de 2025, os traballos que se levarán a cabo son:

 

Exhumación da fosa de Luou (Teo): https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/cartografia/fosas/90/fosa-do-cemiterio-de-santa-maria-de-luou

Exhumación da fosa de Asados (Rianxo): https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/cartografia/fosas/104/fosa-do-cemiterio-de-santa-maria-de-asados

Exhumacion Narón/ Catabois (Ferrol): https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/48/fosa-de-santa-maria-do-val

Memorialización do espazo de O Castro (Viana do Bolo): https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/89/fosa-de-santa-maria-de-pradocabalos

Memorialización  do espazo de Filgueira (Crecente): https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/11/fosas-de-filgueira-3

Memorialización do espazo de Vilacoba (Lousame): https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/27/fosa-do-cemiterio-de-santa-eulalia-de-vilacoba

Traballos de investigación histórica da fosa de Ribeiras de Sor (Mañón)