HISTAGRA colabora no film San Simon

HISTAGRA colabora no film San Simon
O grupo HISTAGRA colabora como equipo asesor na película "san Simón", escrita e dirixida polo cineasta manchego, Miguel Ángel Delgado.
A historia sitúase en outubro de 1936. O réxime de Franco crea máis de trescentos campos de concentración por toda España: conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros e outros espazos «pechados». San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abafadora. Sete anos despois, Lamas, un preso da illa, lembra a historia dos homes e mulleres que, como el mesmo, sufriron a represión neste pequeno enclave da costa galega.
A película “San Simón”, dirixida por Miguel A. Delgado, estreouse na sección Made in Spain do Festival de San Sebastián en setembro pasado.
Tras máis de 4 anos de investigación sobre a historia que rodea a San Simón , o guión desta película recolle o destino dos homes e mulleres que foron represaliados ao longo do case sete anos nos que a illa funcionou como colonia penal. A historia foi obxecto dunha procura realizada a cabo, en gran medida, grazas aos traballos previos de investigadores como Antonio Caeiro, Gonzalo Amoedo e o equipo do grupo de investigación Histagra da USC, que colaborou no conxunto do proxecto.