PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA. Unha historia de heroes

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA. Unha historia de heroes no CISPAC
O Grupo de Investigación HISTAGRA organiza, en colaboración co CISPAC, a proxección de “Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes”, un documental producido pola Asociación de Veciñas e Veciños de Santa Comba da Órrea. A peza audiovisual é un documental etnográfico que recupera a memoria dun fenómeno histórico, social, cultural e antropolóxico que se prolongou en Galicia durante máis de 300 anos —desde o século XVII ata os anos 60 do século pasado—.
A historia é contada a través das voces de 31 homes e mulleres que viviron en primeira persoa aquela experiencia: a emigración estacional ás segas de Castela. Un relato coral e profundamente emotivo que rende homenaxe a unha xeración marcada pola dureza do traballo agrícola e o desarraigamento temporal das súas terras de orixe. A proxección da peza audiovisual terá lugar no Seminario 103 do CISPAC ás 11h.
Datos:
Data: 24/06/2025
Título: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL. SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA. Unha historia de heroes
Hora: 11 h
Lugar: Seminario 103. CISPAC, Edificio Fontán. Cidade da Cultura de Galicia
Máis Información:
histagra@usc.es; cispac.xestion@usc.es
Tel. 881971010, ext. 100
https://cispac.gal/posts-actualidade/proxeccion-do-documental-segadores-da-orrea-en-terras-de-castela-unha-historia-de-heroes-2025/