Tese de HISTAGRA premiada co XVII Premio "Miguel Artola" á mellor tese doutoral en Historia Contemporánea

Tese de HISTAGRA premiada co XVII Premio "Miguel Artola" á mellor tese doutoral en Historia Contemporánea

 

O pasado 3 de xuño a Asociación de Historia Contemporánea fallou o XVII Premio "Miguel Artola" á mellor tese doutoral en Historia Contemporánea defendida en 2024. O Xurado, composto polas profesoras Carme
Molinero Ruiz, Mónica Moreno Seco, María Cruz Romeo Mateo e os profesores Juan Luis Pan-Montojo González e Rafael Quirosa-Cheyrouze Muñoz, acordou concederllo á tese titulada:
A destrución dunha sociedade democrática e a formación da sociedade franquista. Vigo, 1936-1939, de Isidro Román Lago, dirixida por Miguel Cabo Villaverde.

 

O tribunal da tese estivo formado por: A catedrática da Universitat de Lleida, Conxita Mir; o Profesor Contratado Doutor da UCM José Luis Ledesma, e a Profesora Titular da USC, Ana Cabana Iglesia. 

 

O fallo adoptado susténtase sobre as seguintes consideracións: Trátase dunha tese sobre os procesos de transformación impulsados polo golpe de 1936 e a represión posterior en Vigo. Está fundada nun número amplo de fontes, con preguntas pertinentes e respostas encadeadas nun relato fluído, aberto e que integra ben ferramentas cualitativas e cuantitativas. Constitúe un traballo de historia local que desborda nas súas análises e as súas propostas interpretativas o espazo escollido e un estudo da cesura que trouxo consigo a Guerra Civil, que parte dos meses anteriores á contenda e proxéctase nunha cronoloxía moito máis ampla

 

Máis información:

 

https://ahistcon.org/