Defensa de Tese dunha investigadora de HISTAGRA: Iria Morgade

A investigadora de HISTAGRA Iria Morgade Valcárcel defende a súa tese de doutorado

 

O próximo venres 23 de maio ás 11 da maña no Paraninfo da Universidade de Santiago, a investigadora de HISTAGRA Iria Morgade Valcárcel, defende a súa tese de doutorado: Sen rancor nin esquecemento. As accións da memoria traumática na Transición en Galicia (1976-1986), dirixida polo investigador de HISTAGRA Antonio Miguez Macho.

 

 

Iria Morgade Valcárcel (Pontevedra, 1988) é Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración (UCM, 2011), Máster en Migracións Internacionais: Investigación, políticas migratorias e mediación intercultural (UDC, 2013) e Máster en Formación do Profesorado (USC, 2014). As súas líneas de investigación son a memoria e o discurso social, a  represión franquista e a mobilización social e política.

 

Datos:

 

Título:  Sen rancor nin esquecemento. As accións da memoria traumática na Transición en Galicia (1976-1986)

Autoría: Iria Morgade Valcárcel

Dirección: Miguez Macho, Antonio 
Programa: Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea

Centro: Facultade de Xeografía e Historia

Data: 23/05/2025

Hora: 11:00

Lugar: Paraninfo da USC