VISITA DA DIRECTORA XERAL DE MEMORIA DEMOCRÁTICA AO CISPAC

VISITA DA DIRECTORA XERAL DE MEMORIA DEMOCRÁTICA, ZORAIDA HIJOSA E DO SEU EQUIPO PARA O LANZAMENTO DO CONVENIO ENTRE O MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL Y MEMORIA DEMOCRÁTICA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (GRUPO HISTAGRA-CISPAC) PARA A ELABORACIÓN DO CENSO DE VÍTIMAS ESTATAL

 

Este venres día 9 de maio a Directora Xeral de Memoria Democrática, Zoraida Hijosa, o Director de División de Exhumaciones Jaime del Rey Gómez-Morata e o Xefe de Área da Dirección Xeral, José Luis Muñoz Romano estarán en Santiago de Compostela para participar na reunión de Lanzamento do convenio para a elaboración do censo estatal de vítimas. Na xuntanza estará o equipo da Universidade de Santiago de Compostela pertencente ao Grupo HISTAGRA-CISPAC coordinado polos profesores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho

 

A xuntanza dará comezo as 10:00 h. na sede do CISPAC e nela procederase a formalizar os equipos de seguimento e de traballo que levaran a cabo as tarefas de investigación por toda España, a composición dos comités asesores formados por especialistas de diferentes universidades españolas e iberoamericanas e a posta en marcha da base de datos específica que aglutinará os resultados acadados.

 

As 12:30 estarán en Vilagarcía de Arousa para visitar no cemiterio de Rubiáns o monumento inaugurado en decembro de 2024 con ocasión da exhumación da fosa común que se realizara ao amparo do Plan de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024, para despois, as 13:00 h ser recibidos polo alcalde da Vila, Alberto Varela, na sede do concello.

 

O convenio, que ten un período de vixencia até marzo de 2027, ten como principal obxectivoa elaboración dun primeiro censo estatal de vítimas do golpe de 1936, da Guerra e a Ditadura para o período 1936-1939, así como unha proposta metodolóxica preliminar para a ampliación temporal do censo ao período 1940-1942. En ambos os casos o censo incluirá vítimas con resultado de morte, que non sexan combatentes. O censo recompilará as vítimas das dúas zonas e de todos os territorios que en 1936-1939 pertencían ao Estado español, o que inclúe o protectorado de Marrocos, o Sahara e Guinea.

 

A prensa será atendida ás 11:30 no CISPAC ao remate da reunión, ou as 12:30 no cemiterio de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa.

 

Horario dos actos

 

10:00-11:30: Reunión no CISPAC, Seminario 101

12:30-13:00. Visita memorial no cemiterio de Vilagarcía de Arousa

13:00-14:00. Reunión coa Alcaldía no Concello de Vilagarcía