Lourenzo Fernández Prieto, vicesecretario da RAG

O Coordinador de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto, vicesecretario da RAG

 

O pleno da Real Academia Galega, reunido na tarde de onte 7 de abril en sesión extraordinaria, apoiou a candidatura de Henrique Monteagudo (Muros, 1959) á presidencia da institución. O décimo cuarto presidente da RAG estará acompañado na comisión executiva por Ana Boullón Agrelo como secretaria; María López-Sández na tesourería; María Dolores Sánchez Palomino como arquiveira bibliotecaria e Lourenzo Fernández Prieto como vicesecretario.

 

Segundo Fernández Prieto, "A irmandade da nosa lingua co portugués é unha das nosas riquezas; unha vantaxe comparativa, economicamente sitúanos na mellor posición de Europa para negociar, comerciar e establecer pontes culturais, científicas, universitarias, co mundo africano e americano. " A súa presenza na diretiva da Real Academia Galega será levar a cabo estas ideas