Premio a unha tese de HISTAGRA: Antonella Sturla Meilán

Accésit no IX Premio de Investigación a Teses Doutorais Iberoamericana a unha tese de HISTAGRA
A tese da investigadora de HISTAGRA Antonella Sturla Meilán "Antígona: memorias y resistencias. Las representaciones del mito en las teatralidades a ambos lados del Atlántico", dirixida pola IP do Grupo Ana Cabana Iglesia e María Xesús Nogueira Pereira, ven de ser recoñecida co Accésit no IX Premio de Investigación a Teses Doutorais Iberoamericanas, outorgada pola Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste.
A tese, foi lida en 2023 e mereceu a máxima nota de Sobresaínte polo tribunal formado por Pablo Piedras (presidente.), Dolores Vilavedra Fernández (secretaria.), Roberto Pascual Rodríguez (vogal). A investigación encádrase no programa de Doutorado en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe da Universidade de Santiago de Compostela e a Université de Haute-Bretagne (Rennes II) (Francia).
A tese propón un percorrido por obras que retoman o mito de Antígona para actualizalo na ritualidad teatral, recontextualizando o tempo primordial mitológico nun momento sociohistórico preciso, co obxectivo de esgrimir unha ferramenta de denuncia das ditaduras latinoamericanas e da Guerra Civil Española. A análise dos textos dramáticos promove un diálogo entre Latinoamérica e España, principalmente, entre Buenos Aires e Galicia, a partir dunha lectura de xénero proposta como eixo transversal e o estudo comparativo da tríada temática poder-resistencia-memoria para dar conta do modo no que as diversas versións de Antígona escenificaron os abusos silenciados e reivindicaron o lugar do teatro como un mecanismo asociado á conservación da memoria colectiva.
Pode ser consultada en:
https://minerva.usc.es/entities/publication/52128aee-2c89-458a-89d0-6263b93f4702