Presentación publicación: Hasta su total exterminio. La guerra antipartisana en España, 1936-1952

Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA: Hasta su total exterminio. La guerra antipartisana en España, 1936-1952

 

O próximo 26 de marzo ás 19 h.  na facultade de Xeografía e Historia (Aula 14) o Grupo HISTAGRA organiza a presentación e posterior conferencia  do libro Hasta su total exterminio. La guerra antipartisana en España, 1936-1952 do profesor da Universidad de Granada Arnau Fernández Pasalodos.

 

Arnau Fernández Pasalodos (Barcelona, 1995), é doutor en historia contemporánea pola Universitat Autònoma de Barcelona. Foi investigador posdoutoral no University College de Dublín e formou parte do equipo de traballo do proxecto ERC Civil Wars dirixido polo profesor Robert Gerwarth. Actualmente é profesor na Universidade de Granada.

 

«Hasta su total exterminio. La guerra antipartisana en España, 1936-1952» é unha revisión crítica do acontecido nos anos de violencia contra os resistentes republicanos (1936-1952), tempo de represión e exterminio dos guerrilleiros, poñendo o foco nos represores, especialmente na Garda Civil, que perseguiu calquera atisbo de rebelión en contra do golpe de Estado e o posterior réxime ditatorial: «Aos inimigos no campo hai que facerlles a guerra sen cuartel ata lograr o seu total exterminio, e como a actuación deles é facilitada polos seus cómplices, encubridores e confidentes, con eles hai que seguir idéntico sistema.» Son palabras de Eliseo Álvarez-Areas, director xeral da Garda Civil en 1941.

 

Datos:

 

Data: 26/3/2025

Título: Hasta su total exterminio. La guerra antipartisana en España, 1936-1952

Relator: ARNAU FERNÁNDEZ PASALODOS

Hora: 19 h             

Lugar: Aula 14. Facultade de Xeografía e Historia

Documentos