HISTAGRA conmemora o 8M

O Grupo HISTAGRA e o 8M: Dez imperdibles de Historiadoras

 

Con ocasión do 8 marzo, Día Internacional da Muller, o grupo HISTAGRA presenta unha selección de dez obras imprescindibles escollidas polas membros do Grupo: Andrea Rivas, María Fernández, Noelia Valiño, Ana Cabana, Noelia Parajuá, Margarita Barral, Alba Díaz, María Jesús Baz, Tamara López e Uxía Otero.

 

Trátase dunha iniciativa coordinada por Ana Cabana e Uxía Otero a partires dunha idea orixinal das profesoras e investigadoras do Departamento de Historia, teorías e Xeografías Políticas da Universiade Complutense de Madrid, baixo o patrocinio do Proxecto de Investigación Género, sustentabilidad y saberes rurales, do Ministerio de Igualdade.

 

 

Documentos