Ciclo pasados Incómodos HISTAGRA: Mesa redonda Antifranquismo, os e as protagonistas

Ciclo pasados Incómodos HISTAGRA: Mesa redonda Antifranquismo, os e as protagonistas 

 

Os días 10 e 17 de marzo de 2025, ás 19 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia da USC terán lugar dúas mesas redondas sobre o antifranquismo en Galicia onde participarán protagonistas dos movementos políticos e sociais dos anos setenta en Galicia.

 

A actividade está co-organizada polo Grupo HISTAGRA é a materia de 3º curso grao de Historia: Historia Contemporánea de España. S. XX

 

Na mesa do 10  de marzo partiparán:

 

Manolo Reboiras, militante da UPG-Teis.Vigo irmán de X. R. Reboiras asasinado en Ferrol,1975. 

Carlos Barros, movimento estudantil (SDE) e dirixente clandestino do PCG, Castrelo, Vigo 1972.

Modesto Pose Mesura, estudante de Medicina e militante socialista na clandestinidade (PSOE). 

Carlos Vázquez, consiliario da Juventud Obrera Católica (JOC) en 1966, militante da ANPG.

Madó Domínguez, activista en movementos sociais e veciñais composteláns e militante sindical. 

Nanina Santos Castroviejo. Comités de Curso, pertenceu á Federación de Comunistas que se fusionaría co M C.. Participou na creación da A G M (1976).

 

Na mesa do 17 de marzo, participarán:

 

Encarna Otero desde 1967 militou no movemento estudantil e nacionalista. Exiliada en 1971 Toulouse. 

Manuel Monge vallisoletano, activo militante veciñal, sindical e antifranquista na ORT.

Luís Gonçales Blasco “Foz” Consello da Mocidade (1962), UPG (1964), exiliado asinou Carta de Brest. 

Carlos Baliñas. candidato ao Senado 1977 pola Candidatura Democrática Galega. 

Anxela Loureiro foi militante das XXCC de Ferrol e CCOO do comercio. 

Alfonso Tellado foi traballador da Bazán desde neno, e activo militante sindicalista durante a transición.

 

 

Datos:

 

Data:      10/3/2025

Título: Mesa redonda: Antifranquismo, os e as protagonistas I

Relator@s: Manolo Reboiras; Carlos Barros; Modesto Pose; Carlos Vázquez; Madó Domínguez; Nanina Santos

Presenta: Lourenzo Fernández Prieto. Profesor de Hª Contemporánea II. 3º curso de Historia.

Hora: 19 h             

Lugar: Aula Magna. Facultade de Xeografía e Historia

 

Data:      17/3/2025

Título: Mesa redonda: Antifranquismo, os e as protagonistas II

Relator@s: Encarna Otero; Manuel Monge; Luís Gonçales Blasco “Foz”; Carlos Baliñas; Anxela Loureiro; Alfonso Tellado

Presenta: Lourenzo Fernández PrietoProfesor de Hª Contemporánea II. 3º curso de Historia

Hora: 19 h             

Lugar: Aula Magna. Facultade de Xeografía e Historia

 

Máis Información: 

https://histagra.usc.es/es

histagra@usc.es. Tel. 647344227