HISTAGRA na homenaxe a Baldomero Vigil-Escalera. Entrega dos restos humanos da fosa de Celanova

HISTAGRA na homenaxe a Baldomero Vigil-Escalera. Entrega dos restos humanos da fosa de Celanova
O próximo luns día 24 de febreiro ás 12 da mañá no cemiterio Municipal de Deva en Xixón, procederase á entrega dos restos humanos do asasinado pola violencia franquista, Baldomero Vigil-Escalera Vallejo á súa familia.
Baldomero Vigil, xunto a Abelardo Suárez del Busto, Alfonso Moreno Gayol, Belarmino Álvarez García, Guillermo de Diego Álvarez, Marcelino Fernández García e Mariano Blanco González foron asasinados, tras ser condenados a pena de morte, o 22 de setembro de 1939, contra as tapias do cemiterio de San breixo en Celanova, polas forzas da Bandeira de Fet de las Jons de Marrocos.
No acto de entrega participan:
Monserrat López Moro, concelleira de Cultura, xuventude e museos do concello de Xixón
Lourenzo Fernández Prieto, Coordinador do Plan de Memoria Deomocrática de Galicia e catedrático de Historia Contemporánea da USC (HISTAGRA-CISPAC)
Antonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova
Beatriz González Prieto, viceconselleira de Dereitos cidadáns do Principado de Asturias
Máis información:
https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/30/fosa-no-cemiterio-de-celanova