Diego Conde Gómez académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

Diego Conde Gómez académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia 

 

 

O investigador colaborador de HISTAGRA Diego Conde Gómez, doutor en Veterinaria e investigador en Historia da Veterinaria, tomou posesión o pasado 23 de xaneiro da cadeira nº 23 de académico correspondente nacional da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia nun acto celebrado no Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela co discurso "Eppur si muove. Novas achegas á Historia da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924)" que contou coa réplica do académico numerario Dr. Alberto Portela, quen destacou a relevancia do traballo de Conde Gómez na recuperación do patrimonio histórico veterinario da comunidade galega.

 

 

Diego Conde Gómez (Ourense, 1977) é doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela desde 2013, cunha tese sobre o papel de Juan Rof Codina na veterinaria e na mellora pecuaria na Galicia contemporánea, coa que obtivo a cualificación de Sobresaínte Cum Laude. É membro do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA) e Académico correspondente da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España desde 2018.

 

Máis información:

 

https://racvg.com/nova/sesion-publica-de-toma-de-posesion-de-diego-conde