Nova conferencia de Pasados Incómodos: Xoán Manuel Garrido Vilariño

Nova conferencia de Pasados Incómodos: Historia da percepción de Se isto é un home a través das traducións
O próximo xoves 6 de febreiro ás 12 horas terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia a conferencia de "Historia da percepción de Se isto é un home a través das traducións" a cargo do profesor da Universidade de Vigo, Xoán Manuel Garrido Vilariño.
Se questo è un uomo é un libro sobre o horror dos campos de concentración que se converteu nunha referencia da literatura do Holocausto ao estar traducido a máis de corenta linguas. Trátase dun libro escrito polo prisioneiro de Auschwitz Primo Levi (tatuado co n.º 174577 no seu brazo esquerdo). Un libro cuxos primeiros esbozos de redacción en italiano naceron ao mesmo tempo que o horror dos acontecementos que describe quen os viviu durante dez meses no seu propio corpo. En máis dunha entrevista, Primo Levi chegou a confesar que mentres estaba a vivir os acontecementos do horror do Nazismo, sentía a necesidade de contalos todos e non perdía ningunha ocasión de tomar nota deles cada vez que atopaba un lapis co que poder escribir. Cando quen se enfronta ao reto de traducir ao galego Se questo è un uomo é un profesor que leva anos dedicado ao ensino do Holocausto porque considera que resulta esencial educar a mirada sobre o holocausto como recurso transversal de axuda á convivencia escolar.
Datos
Data: 6/2/2025
Título: Historia da percepción de Se isto é un home a través das traducións
Relator: Xoán Manuel Garrido Vilariño
Hora: 12 h
Lugar: Aula 13. Facultade de Xeografía e Historia
Máis Información:
https://histagra.usc.es/es
histagra@usc.es. Tel. 647344227