ECOMUNIDADES Utopia, comunidade e alternativas ecológicas. A volta ao campo nos países de língua portuguesa

ECOMUNIDADES. Utopia, comunidade e alternativas ecológicas. A volta ao campo nos países de língua portuguesa

 

O investigador de HISTAGRA-CISPAC Luis Toledo Machado ven de crear unha páxina web, co apoio da Xunta de Galicia que busca repensar a formación de comunidades ecolóxicas rurais no espazo lusófono entre as décadas de 1960 e 1980, poñendo o foco nos intercambios transnacionais que facilitaran a circulación desas prácticas e nas mudanzas que devanditas iniciativas utópicas xeraran na forma de concibir a relación entre os seres humanos e a natureza.

 

Con https://ecomunidades.hypotheses.org/ poderemos analizar a formación de comunidades alternativas rurais no eido lusófono entre as décadas de 1960 e 1980. Alén de incluír unha área lingüístico-cultural até agora ausente nos estudos sobre o tema, examina a importancia do mundo rural para o utopismo moderno e as mudanzas na concepción do ser humano e a natureza que xeraron estas iniciativas. Consta de varias fases. Na primeira (2024-2027) realizarase unha pescuda en tres casos de estudo: Brasil, Portugal e Galicia xunto a unha fase piloto dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS).

 

“Utopía, comunidade e alternativas ecolóxicas. A volta ao campo na Lusofonía atlántica” (ECOMUNIDADES) é o proxecto posdoutoral desenvolvido por Luis Toledo Machado (CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela) ao abeiro das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia 2024 e baixo a supervisión de Lourenzo Fernández Prieto (USC).

 

Baseándose nos principios da Ciencia Aberta, a web irá incorporando progresivamente diversas ferramentas de investigación e información actualizada sobre o desenvolvemento do proxecto. Actualmente, dispón dun mapa colaborativo con máis de 100 comunidades no Brasil que permite engadir novas entradas a habitantes destas iniciativas, especialistas e persoas interesadas.