HISTAGRA e o concello de Vilagarcia de Arousa realizan recoñecemeto do cemiterio de Rubiáns como espazo de memoria

HISTAGRA e o concello de Vilagarcia de Arousa realizan recoñecemeto do cemiterio de Rubiáns como  espazo de memoria

 

O próximo mércores día 18 de decembro ás 11 da maña terá lugar no cemiterio municipal de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa do acto de inauguración dun monumento que lembra aos asasinados e enterrados neste lugar vítimas da violencia franquista entre 1936 e 1939.

 

O proxecto realízase ao aveiro do Plan de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024, xa que en 2021 foi este espazo o primeiro onde se traballou na exhumación de restos da fosa común que se supoña existía nese lugar.

 

Coa axuda do concello de Vilagarcía e a colaboración na investigación e na posta en marcha dos traballos por parte da Asociación cultural local O Faiado da Memoria, realizaronse os traballos no Cemiterio Municipal en novembro de 2021. Os traballos arqueolóxicos foron levados a cabo pola empresa Tempos Arqueólogos baixo a supervisión do equipo.

 

 

A do camposanto de Vilagarcía de Arousa foi a primeira foxa de asasinados polos golpistas no 1936 que se exhumou seguindo o protocolo de actuación ditado xa no ano 2009 polo grupo de Historia agraria e política do mundo rural (Histagra) da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e do grupo de Medicina Xenómica da USC. A documentación recompilada indicaba a presenza de 18 cadáveres, mais o traballo de campo demostrou que non fica evidencia deles. 

 

O acto, que terá lugar o 18 de decembro ás 11 da maña. contará coa presenza do coordinador do equipo do Plan de Memoria, o catedrático de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, o alcalde de Vilagarcía de Arousa Alberto Varela, e representantes da asociación O Faiado da Memoria e dos familiares dos alí enterrados.

 

O monumento, ideado pola directora de arte e deseñadora Uqui Permui pretende integrase no espazo. adátándose ao lugar cunha base en forma de banco de pedra ou "gaviones de malla".

 

Para saber máis sobre a fosa e os traballos alí desenvoltos:

 

https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/1/fosas-de-filgueira

 

Datos:

 

Día: 18 de decembro de 2024

Hora: 11:00 h

Lugar: Cemiterio de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)

 

Documentos