Seminario de HISTAGRA: As matronas da España rural do século XX: un exilio interior político e profesional

Seminario de HISTAGRA: As matronas da España rural do século XX: un exilio interior político e profesional 

 

O próximo xoves día 12 de decembro, o Grupo HISTAGRA, en colaboración co CISPAC organiza unha nova sesión dos Seminarios HISTAGRA 2024-2025. Nesta ocasión visítanos a profesora da Universidade de Alcalá María Dolores Ruiz Berdún que nos presentará o relatorio: As matronas da España rural do século XX: un exilio interior político e profesional 

 

Dolores Ruiz diplomouse en Enfermería en 1987, pertencendo á primeira promoción de matronas do Sistema de Residencia. Doutorose en Historia da ciencia en 2012 coa tese "Desenvolvemento histórico dunha profesión: as matronas en Madrid ata a guerra civil". É profesora Titular de Universidade de Saúde e Xénero onde se aborda o xénero, saúde e as desigualdades estruturais que imparte na Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade de Alcalá. 

 

Máis información sobre a conferenciante:

 

https://www.uah.es/es/estudios/profesor/Maria-Dolores-Ruiz-Berdun/

 

 

Datos:

 

Data: 12/12/2024

Título: As matronas da España rural do século XX: un exilio interior político e profesional 

Relatora: María Dolores Ruiz Berdún

Hora: 12 h             

Lugar: Seminario 103. CISPAC, Edificio Fontán 

 

Máis información:

 

histagra@usc.es. Tel. 647344227

Documentos