Acto de recoñecemento á vítima da violencia franquista César Alberte Domínguez (Arnoia)

O Equipo do Plan de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024 organiza o acto de recoñecemento á vítima da violencia franquista César Alberte Domínguez 

 


O acto estará presidido pola Excma. Tenente Alcalde do Concello de Arnoia Dona Purificación Domínguez Rey.


Participarán o responsable do Plan de Memoria democrática de Galicia 2021-2024, Lourenzo Fernández Prieto e parte do equipo de historiadores, arqueólogos, forenses e xenetistas que traballaron na fosa, amais da familia.


Sobre o asasinado:


Cesar Alberte Domínguez, natural e veciño de Arnoia, foi asasinado o 25 de novembro de 1936 en Castrelo de Miño, e enterrado no Cemiterio Parroquial de Filguera (Crecente). De profesión carpinteiro, era concelleiro en Arnoia dende febreiro de 1936. Fora detido no seu domicilio para ser “paseado”.
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/10819/
https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/fosas/11/fosas-de-filgueira-3


Datos:

 

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Arnoia

Día: Luns día 25 de novembro

Hora: 12 da maña.

 

O acto é de entrada libre

 

 


Para máis información: histagra@usc.es

Documentos