Investigador de HISTAGRA novo decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC

Antonio Miguez, decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC

 

Nas eleccións celebradas este luns o investigador de HISTAGRA, Antonio Miguez Macho, foi elixido novo decano da Facultade de Xeografía e Historia. No equipo decanal estará acompañado polos docentes Jesús Horacio García García, Mª Dolores Barral Rivadulla e Manuela Costa Casais.

 

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e foi investigador postdoutoral en The London School of Economics and Political Science, ademais de contratado Marie Curie e Ramón y Cajal na USC. Na actualidade, é profesor titular de Historia Contemporánea e vicedecano da Facultade de Xeografía e Historia da USC co actual equipo decanal. Forma parte do Grupo de Investigación HISTAGRA e tamén do CISPAC.

 

Máis información:

 

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/profesor-antonio-miguez-macho-elixido-decano-facultade-xeografia-historia