I Coloquio Compostelán de estudos sobre a Guerra

Histagra co-organiza o I Coloquio Compostelán de estudos sobre a Guerra
O próximo 8 de outubro no Salón de actos da facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos), os Grupos de Investigación da USC, HISPONA e HISTAGRA, organizan un coloquio sobre a guerra, onde participan especialistas europeos sobre esta temática: Robert J. Gerwarth da University College Dublin, Assumpta Castillo da Universitat de Girona, Antonio Miguez, Xosé Manoel Núñez Seixas, Fernando J. Sapiña e Alfonso Iglesias Amorín da USC, Stephanie Wright da University of lancaster, Arturo Zoffmann da Universidade Nova de Lisboa e Magdalini Fytili da Universitat Autonoma de Barcelona.
Os avanzos nos estudos bélicos na historiografía contribuíron nas últimas décadas a enxergar a guerra dende ángulos diferentes, dende os sociais e culturais ata as focaxes tradicionais centradas na política da retagarda as operacións bélicas. Isto levou a dous estudantes do Mestrado en Historia Contemporánea no curso 2023/24, apoiados polos grupos de investigación da área de Historia Contemporánea Hispona e Histagra, a propór un coloquio internacional que reunise diferentes voces e perspectivas. Arredor do fío común da historia sociocultural da guerra, búscase ofrecer un achegamento rigoroso aos estudos da guerra, sintético e accesíbel. Nesta primeira edición os eixes temáticos son a(s) violencia(s), as súas secuelas e os procesos de desmobilización nos conflitos bélicos e as posguerras europeas; as dinámicas de revolución social que acompañaron as guerras civís europeas entre 1917/18 e 1949; e mais a guerra colonial de Marrocos, ben como a súa remembranza.