Ciclo de ConferenciasHISTAGRA 2024-2025

Volven os ciclos de conferencias HISTAGRA para o curso 2024-2025

 

O próximo día 30 de setembro comeza unha nova xeira do ciclo de seminarios de HISTAGRA para o curso 2024-2025. De novo, presentamos dúas programacións: Pasados incómodos e Seminarios de investigación

 

O Ciclo PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA realízase na súa totalidade na Facultade de Xeografía e Historia entre novembro d e2024 e abril de 2025, e nel participan especialistas da historia, estudos culturais e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

 

Os Seminarios de Investigación HISTAGRA realízanse a cabalo entre a Facultade de xeografía e Historia e o CISPAC entre setembro e decembro de 2024. Os Seminarios de  HISTAGRA  son  un  punto de  encontro para  o debate  colectivo  entre estudantes, investigadores, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas  nas liñas de investigación do Grupo e do traballo dos investigadores/as que invitamos a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.  

 

 A primeira conferencia será ofrecida polo catedrático de Historia Enric Tello, na facultade de Xeografía e Historia, o 30 de setembro, enfocada a estudantes que estean a facer a súa tese doutoral e mestrado en historia contemporánea, co título "Metodoloxía da investigación en historia social e económica".

 

O programa é:

 

Ciclo Pasados Incómodos

 

Relatoras: Cecilia Vázquez Lareu (CONICET-UBA); Vanesa Garbero (CONICET- UNC); Conchi López Sánchez (HISTAGRA-USC); Alba Garrido Fernández (HISTAGRA-USC)

28 de novembro de 2024

Varias conferencias

16:00 (hora española)/12:00 (hora arxentina)
Seminario 103
CISPAC

 

Relatora: María Antonia Martí
29 Novembro de 2024
O movemento anti mina de Corcoesto
12 h.
Facultade de Xeografía e Historia
Aula 13

 

Relatora: Conxita Mir

19 de decembro de 2024

Del colectivo al individuo: hablando de Historia con Conxita Mir

19 h.

Facultade de Xeografía e Historia
Aula 13
 

Relator: Xoán Manuel Garrido Vilariño
6 de febreiro de 2025
Historia da percepción de Se isto é un home a través das traduccións
12 h.
Facultade de Xeografía e Historia
Aula 13

 

Relatorxs: Manolo Reboiras; Carlos Barros; Modesto Pose; Carlos Vázquez; Madó Domínguez; Nanina Santos

10 de marzo de 2025

Mesa redonda: Antifranquismo, os e as protagonistas I

19 h.

Facultade de Xeografía e Historia

Aula Magna

 

Relatorxs: Encarna Otero; Manuel Monge; Luís Gonçales Blasco “Foz”; Carlos Baliñas; Anxela Loureiro; Alfonso Tellado

17 de marzo de 2025

Mesa redonda: Antifranquismo, os e as protagonistas II

19 h.

Facultade de Xeografía e Historia

Aula Magna

 

Relator: Arnau Fernández Pasalodos
26 de marzo de 2025
Presentación Hasta su total exterminio
19 h.
Facultade de Xeografía e Historia
Aula 14

 

Relator: Sebastian Faber

03 de Abril de 2025

Memoria democrática ou antifascista? Relatos do século XX en España, Estados Unidos e Países Baixos

19 h. 

Facultade de Xeografía e Historia

Aula 12

 

 

Seminario de Investigación

 

Relator: Enric Tello Aragay

30 de setembro de 2024

Metodoloxía da investigación en historia social e económica

10:30 h. 

Facultade de Xeografía e Historia

Aula de Mestrado Historia contemporánea

 

Relator: Ángel Sanjuan Ruiz

16 de outubro de 2024

Del crecimiento sucio franquista a la reciente mitigación recesiva. Trayectorias históricas en las emisiones de CO2 industriales, 1960-2021

19 h. 

Facultade de Xeografía e Historia

Aula 13

 

Relatora: Dolores Ruíz Berdún

12 de decembro de 2024

Las matronas de la España rural del siglo XX: un exilio interior político y profesional

12 h. 

CISPAC

Seminario 103

 

Relatora: Rita Calvario

22 de maio de 2025

Agroecología y Justicia de Género: Perspectivas y Luchas de las Mujeres Rurales en Portugal

12 h.

CISPAC

Seminario 103

Documentos