Seminario de HISTAGRA: Jaume Franquesa

HISTAGRA presenta un novo Seminario de investigación  a cargo de Jaume Franquesa Bartolomé

 

Seguindo co ciclo de Seminarios de HISTAGRA 2023-2024, o profesor e investigador no Departamento de Antropoloxía da Universidade de Búfalo (NY-USA) Jaume Franquesa Bartolomé, presenta o seu último traballo Molinos y gigantes. La lucha por la dignidad, la soberanía energética y la transición ecológica, no ciclo de Seminarios de HISTAGRA, grazas ao apoio do proxecto A Just Transition to the Circular Economy (Just2CE) (IP Stefania Barca). O relatorio leva por título Xeneración eléctrica, mundo rural e transición ecosocial na España contemporánea

 

Jaume Franquesa (Igualada, 1976) é doutor en Antropoloxía Social pola Universitat de Barcelona e desde 2011 traballa como profesor e investigador no Departamento de Antropoloxía da Universidade de Búfalo, en Nova York. No plano teórico, os seus intereses céntranse na ecoloxía política, sempre desde unha liña que integre a análise etnográfica dentro dunha perspectiva histórica e ligada ás loitas sociais.

 

O libro é unha invitación para coñecer a historia política e económica que hai detrás do sector eléctrico español, desde os acordos persoais do caudillo co presidente ultracatólico de Hidrola (actual Iberdrola) ata a liberalización do sector decretada polo Goberno de Aznar e a imbricación posterior das enerxías renovables nos sucesivos booms do ladrillo.

 

Datos:

 

Data: 17 de xuño de 2024

Título: Molinos y gigantes. La lucha por la dignidad, la soberanía energética y la transición ecológica

Relator: Jaume Franquesa Bartolomé

Hora: 11 h.

Lugar: Seminario 103. CISPAC

Presenta: Stefania Barca

 

 

 

 

 

Documentos