Histagra presente en varias comisións do Consello da Cultura Galega

Histagra presente en varias comisións do Consello da Cultura Galega
Os membros de HISTAGRA, Daniela Ferrández, Ana Cabana e Ramón Villares integran varias comisións do Consello da Cultura Galega.
As comisións son os órganos que teñen como obxecto o estudo de cuestións concretas e determinadas e poden ser técnicas (órganos permanentes de apoio, que dependen dun arquivo e que teñen como obxecto o asesoramento na xestión e funcionamento deste) ou temporais.
Ana Cabana Iglesia e Ramón Villares Paz forman parte da Comisión técnica temporal para o proxecto "Lugares de memoria"
Daniela Ferrández Pérez forma parte das comisións Comisión técnica temporal de identidade e disidencias sexuais e Comisión técnica temporal sobre identidades e disidencias sexuais
Máis información:
https://consellodacultura.gal/comisions.php