HISTAGRA organiza a xornada Natureza en [Des]equlibrio xunto á Fundación María José Jove

HISTAGRA organiza a xornada Natureza en [Des]equlibrio xunto á Fundación María José Jove
O próximo luns día 3 de xuño o Grupo HISTAGRA, en colaboración coa Fundación María José Jove organizan a xornada natureza en [des]equilibrio. Ciencia, arte e comunidade para o coidado do territorio.
A xornada celébrase no CISPAC en Santiago de Compostela.
Este encontro enmárcase no proxecto REVERDECER, sobre ecoloxía vexetal e conciencia para a conservación de bosques autóctonos.
No actual contexto de crise socioecolóxica, estudo das paisaxes tórnase unha cuestión transcendental. As árbores e os bosques, espazos de grande biodiversidade e esenciais para a vida, centran cada vez máis
atencións. Cara a eles diríxense olladas desde os ámbitos máis diversos na procura de explicar o seu funcionamento e de comprender en perspectiva integral as súas interrelacións co conxunto do territorio. O seu potencial transformador tamén alimenta o pensamento á hora de imaxinar novas formas de coexistencia, desprazando os paradigmas antropocéntricos e xerando outras aprendizaxes e alianzas.
Nesta xornada propoñemos un espazo de encontro transdisciplinar aberto a investigadoras do ámbito académico, a creadoras artísticas e por suposto a aquelas que traballan directamente no territorio. conectando
olladas que proveñen da bioloxía, da antropoloxía, da historia, da enxeñería, da arte ou da cidadanía buscamos entender mellor a relación da humanidade coa natureza, tanto co mundo vexetal como con outras formas
de existencia non humanas. Tentamos tamén analizar a importancia dos espazos comunais á hora de enfrontar graves retos ambientais, como é o caso dos incendios. Ademais, queremos explorar o papel da arte como mobilizadora de conciencias a favor da sustentabilidade. ciencia, arte e comunidade ao servizo do territorio e da natureza.
Datos:
Data: 3-6-2024
Hora: 9:45 a 18 h
Lugar: Sala de Recepción de Visitantes. Edificio Fontán
Organiza: Grupo HISTAGRA e CISPAC
Contacto: histagra@usc.es
Más información: https://www.fundacionmariajosejove.org/reverdecer/