HISTAGRA presenta os traballos da fosa de Castro (Viana do Bolo)

HISTAGRA presenta os resultados das investigacións sobre a fosa de Anuncia, a asasinada en 1936 no Castro (Viana)

 

A investigadora colaboradora de HISTAGRA para o desenvolvemento do Plan de Memoria Democrática de Galicia, Conchi López, presentará o vindeiro 10 de maio ás 11 da maña os primeiros resultados dos traballos realizados ao redor da investigación sobre a fosa do Castro, concello de Viana do Bolo. Será no IES Carlos Casares da localidade.

 

Á petición do seu fillo, iniciamos a busca dos restos de Anuncia Casado Atanes, torturada e asasinada polos golpistas franquistas en agosto de 1936, na curva das Revendeitas. Posteriormente sería inhumada no cemiterio mais próximo, no Castro, na parroquia de Pexeiros. Un elenco de diversas fontes orientaron a localización da fosa, espazo memorializado con anterioridade gracias ás accións da Asociación dos Torgueiros e da veciñanza do lugar. 

 

A investigación histórica levada a cabo polo grupo Histagra sinala que o cadáver de Anuncia Casado Atanes, foi enterrado no cemiterio do Castro, na parroquia de Pexeiros (Viana do Bolo), tras ser perseguida, torturada e asasinada o 21 de agosto de 1936. Anuncia forma parte dese 4% do total de mulleres rexistradas na base de datos de Nomes e Voces, como vítima da violencia golpista entre 1936 e 1939 en Galicia. Era veciña de San Mamede (Viana do Bolo), tiña 38 anos, vivía do campo e deixaba catro fillos. A intervención arqueolóxica foi levada a cabo por "Tempos Arqueólogos". No espazo no que se traballou trataron de localizar un determinado tipo de enterramento, entendido como irregular. Isto está directamente relacionado coa morte de Anuncia, catalogada comúnmente como un "paseo" e que condiciona en gran medida a súa morfoloxía.

 

 

Máis información:

 

https://www.nomesevoces.net/lugares/fosas/89/fosa-de-santa-maria-de-pradocabalos

 

Sobre o acto:

 

Dia: 10-5-2024

Hora: 11:15

Lugar: IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Estrada da Rúa, 104