Investigador de HISTAGRA consigue unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian

Investigador de HISTAGRA consigue unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian

 

O investigador en formación de HISTAGRA Xurxo Antelo, ven de conseguir unha bolsa de investigación outorgada pola Fundação Calouste Gulbenkian para a realización da investigación: Os bairros sociais para pescadores nas áreas metropolitanas de Porto e A Coruña durante o Estado Novo (1933-1974) e o Réxime Franquista (1939-1975). Este traballo concluirá cunha publicación académica. O período de traballo é de outubro de 2024 a marzo de 2025.


A institución de acollida é a Universidade do Porto, mais concretamente na Facultade de Letras. A orientadora do proxecto é Fátima Loureiro de Matos, doutorada en Xeografía Humana e Profesora Auxiliar do Departamento de Xeografía. 

 

Xurxo Antelo Alvite (Outes, 1996), é graduado en Ciencias Políticas e da Administración (2018) e Máster en Historia Contemporánea (2019) na Universidade de Santiago de Compostela.                    

Actualmente realiza a tese doutoral en Historia Contemporánea en HISTAGRA-USC, investigación na que aborda a estudo das elites e o clientelismo político na Transición á democracia en Galicia, centrándose nos usos patrimonios do poder político dende unha perspectiva local e ruralista.