Ciclo Pasados Incómodos: José R. Rodríguez Lago

Nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA: José Ramón Rodríguez Lago: Memorias e desmemoria. A Igrexa católica durante o franquismo
O próximo mércores día 7 de febreiro ás 18 horas terá lugar na facultade de Xeografía e Historia, Aula 14 a conferencia do profesor da Universidade de Vigo, José Ramón Rodríguez Lago: Memorias e desmemoria. A igrexa católica durante o franquismo
Trátase dunha das conferencia programadas no Ciclo Pasados Incómodos que organiza o Grupo HISTAGRA, dentro da liña de investigación: Guerra, franquismo, transición e memoria: Historia e memoria do S. XX. Políticas da memoria.
José Ramón Rodríguez Lago é profesor titular da Universidade de Vigo. A súa investigación centrouse inicialmente no xogo da igrexa católica en España no século XX o que deu paso a estudar o internacionalismo e as redes transnacionais en Europa, a Santa Sé e USA entre 1898 e 1959. Así mesmo, prestou atención ás redes mundialistas inspiradas ou lideradas por Salvador de Madariaga entre 1927 e 1950.
Datos:
Data: 7/02/2024
Título: Memorias e desmemoria. A Igrexa católica durante o franquismo
Relator: José Ramón Rodríguez Lago (UdV)
Hora: 18:00 h
Lugar: Aula 14. Facultade de Xeografía e Historia
Pódese seguir por teams:
Máis Información:
histagra@usc.es. Tel. 881971010, ext. 101