Curso de verán da USC: "Unha aproximación ás fontes documentais do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A súa aplicación para o estudo do mundo rural"

Os días 6 e 7 de setembro celebrase o curso de verán da USC:  "Unha aproximación ás fontes documentais do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A súa aplicación para o estudo do mundo rural", que terá lugar no Arquivo Histórico Provincial de Lugo cunha matrícula de máximo de 25 alumnos entre os que están estudantes do grao de Historia, Xeografía e de diferentes enxeñerías da Escola Politécnica Superior.

O xoves 6 a Profesora Ana Cabana Iglesia imartirá a conferencia: "De papeis e labregos. Fontes para o estudo do mundo rural contemporáneo".

O venres 7 o Profesor Xosé Ramón Veiga pronunciará a conferencia: "Ratas de arquivo. Luces e sombrfas na relación entre arquivos, arquiveiros e historiadores"

O director do curso é Gonzalo Fernández Suárez, do Departamento de Historia I da Facultade de Humanidades e a Secretaria é Ana Cabana Iglesia.