Historia e memoria do LGBT en Galiza (1880-2017)

Duración: 2020-2021 Proxectos de Investigación Historia de Xénero

O traballo consiste nunha análise de fontes hemerográficas, arquivísticas e orais para catalogar os reflexos que puideran ter nelas as individualidades que hoxe entenderíamos dentro do paraugas LGTB. Este estudo permitirá abordar o debate conceptual sobre un suxeito de estudo aínda non investigado en Galiza, xunto cunha exposición e reflexión no tocante á construción actual dunha memoria LGBT, algo que ven espertando nos últimos anos o interese de activistas e asociacións.