n século despois de Nós. Apuntamentos sobre os medios culturais en galego
Rodríguez Martínez, D.M. e Sanfiz Arias, R. (2026): "n século despois de Nós. Apuntamentos sobre os medios culturais en galego", en Sanfiz Arias, R. e Fernández Prieto, L. (eds.): Un século de nacións. Galicia, Euskadi e Catalunya, Gijón, Trea, p. 115-128
O lanzamento da revista Nós foi un momento decisivo para a construción dun ecosistema mediático cultural en lingua galega. Unha xeración de persoas destacadas lanzaron unha revista para pór en valor a cultura galega. Nos máis de cen anos que seguiron, existiron moitas outras iniciativas que, con obxectivos similares, tiveron sortes moi diferentes. O mundo actual de marcada presenza dixital ofrece á nosa cultura retos moi distintos aos de hai cen anos. Tralo centenario da revista Nós sucedéronse as conmemoracións, pero poucas puxeron o foco no que pasou antes e despois. Eran eles uns pioneiros, ou participaron dunha corrente xornalística en vigor? Foi a revista Nós unha excepción do seu tempo? Que pasou trala primeira ruptura do franquismo? Que podemos aprender desta e doutras iniciativas para a Galicia que está por vir.