Saber de nós. O Seminario de Estudos Galegos

Villarez Paz, R. et al. (ed.) (2024): Saber de nós. O Seminario de Estudos Galegos, Santiago, CCG.
O centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG) —1923-2023— ofrece unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na madureza da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido. A creación do Seminario de Estudos Galegos supuxo, antes de máis, un salto cualitativo decisivo na configuración dun campo específico de estudos galegos, multidisciplinario pero articulado arredor dunha idea moderna, integral e integradora de Galicia. De aí o título do congreso: «Saber de nós». Por outra banda, o Seminario foi un ámbito inédito de colaboración formativa e investigadora entre profesores e estudantes universitarios, estimulando a pescuda, a colaboración interdisciplinario, o traballo sobre o terreo e a aplicación práctica dos coñecementos. Ao tempo, promoveu un ideal de excelencia científica, perseguido mediante unha actualización constante, favorecendo os contactos internacionais cos centros máis avanzados, cunha política específica de intercambio con Portugal.