Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura

Villares Paz, R. (2023): (Dir.): Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura, Santiago de Compostela, Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura é unha publicación concibida como celebración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, pero tamén como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias do seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior da mesma conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.