Un «abrente raioso na historiografía galega». Sobre a xestación da historia de Galiza de Otero Pedrayo

Villares Paz, R. (2021): "Un «abrente raioso na historiografía galega». Sobre a xestación da historia de Galiza de Otero Pedrayo", en Álvarez, R. e Iglesia Ferreirós, A. (eds.), Aquilino Iglesia Alvariño. Da Fonte máis fonda. Historia do vocabulario e outros escritos sobre o idioma galego, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, p. 16-37

Cando chegan a Trasalba, en setembro de 1962, os dous primeiros e guapos volumes da Historia de Galiza, dirixida por Otero Pedrayo, pasaran quince anos desde que aquela «grande e magna obra patriótica» lle fora encargada, a instancias de Castelao, polo mecenas porteño Manuel Puente. Durante aqueles anos, a obra dera moitas voltas, algúns dos seus colaboradores mudaran e mesmo abandonaran o proxecto e, ao tempo, xurdira un notable competidor doméstico alentado polo grupo do Instituto P. Sarmiento.