O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto da práctica xenocida
MIGUEZ MACHO, A. (2009): "O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto da práctica xenocida", Difusora de Letras, Artes e Ideas, pp. 175-191.
Gañador do I Premio de Investigación Alexandre Bóveda, o traballo do doutor Miguez Macho "O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre a práctica xenocida", trátase dun estudo teórico baseado na reflexión interdisciplinaria sobre o xenocidio, a través do concepto entre xurídico e sociolóxico desta práctica violenta de retagarda, que comezou en Galicia dun xeito inmediato ao triunfo dos golpistas en 1936. Para a realización desta investigación, o autor realizou diferentes achegas á represión franquista da guerra civil partindo da definición e delimitación do concepto da práctica xenocida, para establecer diferentes liñas de análise e investigación, moitas delas interrelacionadas con outras disciplinas e con outros contextos.