Ciclo de cine e historia: cinema, medioambiente e conflito social en la USC

O pasado mércores 13 de novembro, deu comezo na Facultade de Xeografía e Historia da USC, o Ciclo de Cine e Historia: cinema, medioambiente e conflito social, un programa organizado polo proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, dirixido polo profesor Daniel Lanero Táboas da USC e Nova Escola Galega, coa colaboración de HISTAGRA e da Asociación Cultural Sine Nomine.
Con motivo da súa inauguración, nesta primeira xornada proxectáronse os documentais: “O monte é noso” (1978) e “Autopista: unha navallada a nosa terra” (1977) do realizador valenciano Llorenç Soler, que foron comentados polo Profesor e IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto.
Esta actividade desenvolverase os días 13 e 26 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia e o 20 de novembro e 4 de decembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. Os seus principais obxectivos son:
1. Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currículos os problemas do mundo actual.
2. Concienciar o profesorado sobre a necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
3. Sensibilizar os asistentes sobre a posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
4. Dotar o profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.
6. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico arredor de problemas sobre os cales, por seren coñecidos, moitas veces obviamos reflexionar.
Información de interese:
Bibliografía sobre conflitividade no rural galego
Nos vindeiros días ampliaremos información sobre este Ciclo e as súas vindeiras sesións