Incorporamos el libro "A cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929)", ganadora del II Premio Domingo Fontán, a nuestra sección de producción científica
Los Profesores Antonio Míguez Macho e Miguel Cabo Villaverde (HISTAGRA-USC) han publicado el libro: "A cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929)" (Sotelo Blanco, 2012). Esta obra fue ganadora del II Premio de Ensayo Histórico "Domingo Fontán" de la Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago y la Universidade de Santiago de Compostela.
Para ter máis información sobre as publicación de HISTAGRA consulta aquí.
Sinopsis:
"A mediados de 1903 xurdirá en Santiago a idea de crear "unha Cámara Agrícola e Pecuaria encargada de velar polos intereses que constitúen a principal riqueza de Galicia". Nestas páxinas examínase a traxectoria da Cámara Agrícola e pecuaria de Santiago integrándoa no seu contexto histórico e espacial, o reinado de Alfonso XIII e a Compostela do solpor da era monterista. Unha historia que se entende como un prisma a través do que se poden achegar chaves interpretativas para o estudo da sociedade e da política dunha época.
Recóllense as súas realizacións prácticas en forma de concursos, exposicións ou o sostemento dun campo de demostración agrícola, en conxunto un balance modesto froito das penurias presupostarias pero tamén dun enfoque paternalista da innovaicón técnica que lle impediu unha conexión frutífera cos campesiños e coa súa principal expresión organizativa: as sociedades agrarias e as mutuas gandeiras. Así mesmo, a Cámara é contemplada como unha variante máis das numerosas formas de sociabilidade que se multiplicaron a partir da derradeira década do século XIX como expresión dunha sociedade máis complexa e articulada.
O estímulo para analizar esta entidade constituíuno a conservación dos seus fondos no Arquivo da Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, documentación dobremenete valiosa ao ser moi escasa en España a que ten chegado até nós deste tipo de institucións." [Editorial]