Vídeo inauguración exposición Deconstruir o Franquismo

A exposición itinerante Deconstruir o franquismo preséntase en Santiago de Compostela como un espazo de reflexión sobre a simboloxía da ditadura. A mostra preséntase en cinco etapas, desde a PERSISTENCIA do franquismo ás AUSENCIAS de memoria. Otraxecto descóbrenos as VELADURAS do franquismo retirado pero recuperable, as AMNESIAS que debuxan unha auténtica cartografía do terror e as EXPROPIACIÓNS de significado de lugares e símbolos. A mostra incluiu preproducións fotográficas de espazos e simboloxía franquista que perduran ou que foron esquecidos pola cidadanía de Santiago de Compostela e unha cartografía interactiva que trae ao espazo público os lugares de morte e enterramento en Galicia durante a guerra civil. 

 

CRÉDITOS: Idea orixinal: Jordi Guixé, Núria Ricart | Comisariado: Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho | Coordinación e Documentación: Gustavo Hervella García, Grupo HISTAGRA | Organización: Grupo HISTAGRA-USC, Observatorio Europeo de Memorias de la Fundación Solidaridad UB (EUROM), Arte Público y Memoria (Proyecto de investigación HAR-2017-84322-P) | Produción: Proyecto de Investigación: Actitudes sociales en contextos de violencia estatal masiva: procesos de adaptación y resiliencia en la retaguardia de la Guerra Civil española (Galicia, 1936-1939)(HAR2016-80359-P), Dos lugares da violencia aos lugares da memoria: actitudes sociais nos espazos de reclusión, execución e enterramento durante o Golpe, a Guerra Civil e o franquismo en perspectiva comparada (ED431F 2017/11) | Colaboración: Departamento de Historia Facultade de Xeografía e Historia de la Universidade de Santiago de Compostela, Rexenerando S. Coop. Galega, Concello de Santiago de Compostela | Soporte: Ayuntamiento de Barcelona Co financiado por el programa Europe for Citizens de la Comisión Europea.