Transformaciones productivas en la agricultura gallega contemporánea. De la agricultura orgánica a la revolución verde (1752-1986). Una aproximación a partir de las macromagnitudes
Teses
Autor: David Soto Fernández
Director: Lourenzo Fernández Prieto
Año: 2003
RESUMEN
«O obxectivo desta tese doutoral é a análise da evolución da pequena explotación familiar na Galicia contemporánea, é dicir, das transformacións dos modos de producir e dos seus resultados económicos tanto dende o punto de vista da agricultura convencional, como posto en relación co contexto ambiental en que se produce a actividade agraria. O estudo formúlase cronoloxicamente dende o longo prazo e en perspectiva comparada co sucedido no conxunto da agricultura española.
Dende o punto de vista metodolóxico a investigación pretende sistematizar e criticar o conxunto de fontes estatísticas existente para a Galicia contemporánea e que permiten a reconstrución das macromagnitudes agrarias. Partimos da reconstrución da produción agraria a partir do Catastro de Enseada (1752) continuado polo comezo da estatística moderna coa Xunta Consultiva Agronómica a finais do século XIX que desemboca nos anos da segunda república e durante o primeiro franquismo na publicación dos Anuarios Estatísticos da Produción Agraria.
Para a gandaría utilizamos os censos gandeiros e as estatísticas de produción e para os montes as distintas estatísticas publicadas para o efecto ao longo do século XX. Para o período máis recente (1960-1986) utilizamos tamén as macromagnitudes agrarias publicadas polo Banco de Bilbao e polo Ministerio de Agricultura, así como os tres primeiros censo agrarios.
Dividimos a investigación en catro períodos correspondentes tamén aos catro capítulos da tese. O primeiro abrangue dende mediados do século XVIII ata a crise agraria finisecular e está caracterizado fundamentalmente polo predominio da agricultura orgánica sen intervención externa, polo que os cambios analizados son de carácter endóxeno. O segundo período está enmarcado pola crise agraria».