Silvia Rosende González

Silvia Rosende González

IFP
curriculum

ORCID:0000-0002-5436-3590

 

Silvia Rosende (Londres, 1978) presenta unha traxectoria académica pouco convencional, dada a súa orientación multidisciplinaria en Humanidades e Ciencias Sociais. Politóloga de formación (2002), fixo diversos cursos de Socioloxía (intercambio SICUE- Séneca na Universidad de Granada- UGR, 2000/01), de Filosofía e Antropoloxía (DEA na UGR, 2007) e
de Historia Contemporánea (Máster, 2009; Doutoramento en curso). A empresa Consultora Galega S.L. e a Universidade da Coruña brindáronlle a oportunidade de traballar na área de Socioloxía Urbana: planificación urbanística, participación social e patrimonio, con excelentes resultados (congresos, publicacións). Estes proxectos desenvolvéronse baixo a dirección do
profesor Miguel Martínez López, actualmente catedrático de Socioloxía en Uppsala (Suecia). Para suplir certas carencias epistemolóxicas realizou cursos de doutoramento na facultade de Filosofía e Antropoloxía de Granada. O programa tiña o suxestivo título: "Herencia de la Modernidad en la época de la Globalización". O pensamento e a cultura do século
XIX amosáronse entón coma as orixes dos debates do tempo presente: identidade/ diferenza, totalidade/fragmento,estrutura/acción, centro/periferia, gobernanza/participación. Non foi casualidade que tras unha Memoria de investigación sobre o filósofo Walter Benjamin (O mito moderno en W.Benjamin, 2006) procurase unha liña de investigación empírica en Historia Agraria. Cidade e medio rural, sociedade civil e políticas públicas, Modernidade e clientelismo político, ... Elementos de análise que, lonxe de ser contraditorios, están indisolubelmente unidos, tal e como queda patente no contexto decimonónico de cambio
sociopolítico. En consecuencia, o cambio histórico constitúe o seu obxecto fundamental de estudo na tese de doutoramento que está a piques de rematar.