O estudo do discurso da ditadura nos medios de comunicación: o caso Ruano

Tomé Urresti, I. (2021): “O estudo do discurso da ditadura nos medios de comunicación: o caso Ruano”, en Saz, I. et al. (Coords.), X Trobada Internacional Investigadorxs del Franquisme, València, CCOOPV/UV, p. 1001-1018

O estudo da recuperación da memoria histórica e democrática en relación coa Guerra Civil e a ditadura franquista, definido agora en parámetros en relación á dignificación, reparación e rehabilitación das vítimas que sufriron represión du-rante o devandito período, aínda presenta unha serie de zonas pouco definidas e confusas que merecen unha explicación á luz dos avances que se están dando respecto da natureza xenocida e violenta da Ditadura de Franco, que non é sinxela de entender nin máis de 80 anos despois