Da fertilización orgánica á mineral e química, da natureza transformada á natureza descontrolada, do século XIX ao XXI

Fernández Prieto, L. e Corbacho González, B. (2019): "Da fertilización orgánica á mineral e química, da natureza transformada á natureza descontrolada, do século XIX ao XXI", en Diaz-Fierros Viqueira, F. (coord.), O Antropoceno e a Grande Aceleración. Unha ollada desde Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, p. 179-198

Neste traballo fornecemos coñecemento histórico fronte a algúns erros asen-tados pola ideoloxía, que é precisamente algo diferente ao coñecemento. Refíro-me á ideoloxía que nutre relatos do pasado (Historia), que non teñen en conta a natureza. A ideoloxía que contén a teoría do valor da economía clásica. Tamén á ideoloxía presente nas ciencias da natureza e da terra en xeral, convertida en estritos marcos que impiden avanzar no coñecemento. Refírome á ideoloxía contemporánea do progreso que considera a natureza unha fonte infinita de materias primas para a economía.