Histagra

Título

Identidade e afectos patrios

Autores/as

Identidade e afectos patrios

Os ensaios reunidos neste libro teñen un elo común, que é indagar sobre o proceso de creación e bloqueo da identidade galega e a formación dunha narrativa de Galicia como nación cultural. O obxectivo é descubrir valores, prácticas e símbolos que cohesionan unha comunidade, de modo que importan menos os feitos históricos e máis os procesos de construción deses símbolos e valores, nos que se advirten ademais momentos de mutación, de resignificación e dunha funcionalidade cambiante. A construción dese repertorio simbólico foi obra, en xeral, de estados-nación que “nacionalizaron” a súa poboación mediante a escola, o exército, os conflitos territoriais e, ás veces, a relixión. A orixinalidade do caso galego está en que monumentos, festas patrióticas e lugares de memoria foron promovidos por grupos minoritarios que tiveron un apoio esencial das colectividades de emigrantes en América. Heroes como Pardo de Cela, mártires como os de Carral, líderes ou “traidores” como Xelmírez, bardos como Pondal, referentes próximos e distantes como Portugal ou himno e bandeira son fitos que van marcando o territorio desa identidade construída sobre herdanzas do pasado, como unha “comunidade imaxinaria” proxectada cara ao futuro.

 

Ramón Villares, Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017

Ver