Histagra

Título

Poder e política na Galiza vilega: 1790-1833: Provincias de Lugo e Mondoñedo

Autores/as

Poder e política na Galiza vilega: 1790-1833: Provincias de Lugo e Mondoñedo

Veiga Alonso, X.R., Poder e política na Galiza vilega: 1790-1833: Provincias de Luego e Mondoñedo, Edicións Bolanda, 2017


Entre 1790 e 1833 vívense en Galiza, e no resto do Estado, tempos convulsos, cun mundo antigorreximental decadente mais con forzas dabondo para resistir, e unha alternativa liberal e constitucional aínda en cueiros que turra por ocupar o espazo político. No libro repásase a concreción desta liorta a partires, no fundamental, da análise en clave política e de poder de varias vilas situadas nas daquela provincias de Lugo e Mondoñedo. Os bambeos no poder local e provincial, e a súa concreción en suxeitos históricos con nomes e apelidos, responden á dinamica dun período marcado polo choque entre absolutismo e constitucionalismo, mais en absoluto poden entenderse apelando en exclusiva a factores de carácter xeral que, pola contra, vense obrigados a pasar pola peneira duns microcosmos vilegos que condicionan dun xeito moi importante o resultado e a concreción final das pulsións xeradas no centro.