Histagra

Título

“Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955”

Autores/as

“Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955”

VILLARES PAZ, R. (2013): "Prólogo", García López, E. (ed.), Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955, Santiago de Compostela, Alvarellos.

Ver

Estes "Diarios de viaje" de Valentín Paz-Andrade (Lérez-Pontevedra, 1898–Vigo, 1987) permanecían inéditos dende hai sesenta anos. O seu autor, poeta, xornalista, economista e empresario, e tamén político galeguista, percorreu o Novo Continente, dende Canadá ata Chile, na década dos cincuenta do século pasado. Fíxoo como Delegado para América Latina da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), pois era un recoñecido especialista en economía pesqueira. O resultado daquela experiencia é este delicioso libro de viaxes. Unha prosa riquísima que combina o lirismo fondo do poeta cun análisis profundo e certeiro dos lugares, xentes e acontecementos que ía atopando ao seu paso. Anotacións ás veces manuscritas, outras pasadas a máquina, que foron descubertas pola historiadora Emilia García, e que aparecen aquí acompañadas de fotografías, postais ou ilustracións da época, gardadas polo autor entre as follas esquecidas dos seus Diarios.