Histagra

Título

A cuestión da terra en Galicia: Un diálogo entre pasado e porvir

Autores/as

A cuestión da terra en Galicia: Un diálogo entre pasado e porvir

VILLARES PAZ, R. (2014): 'A cuestión da terra en Galicia: Un diálogo entre pasado e porvir', en SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P., RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (dir.), A terra en Galicia. Pasado, presente e futuro, Pontevedra, Concello de Lalín /UIMP, p.8-17

A significancia da Terra é tema recurrente de análise e investigación polo conxunto das ciencias sociales. Múltiples teñen sido as lecturas feitas desde a xeografía, a economía, a historia, ou a antropoloxía. E múltiples teñen sido, son, e serán, as repercusión que a mesma ten en múltiples facetas da sociedade e a economía galega. Non é posible entender a Galicia de hoxe sen partir da Terra. A nosa paisaxe, a forma de ocupar o territorio, a actividade agrogandeira e, porque non dicilo, parte da nosa ideosincracia colectiva atopa explicación no vencellamento coa Terra. Vivimos nun país con máis de 12 millóns de parcelas e onde un de cada dous galegos é propietario. Unha estructura da propiedade fortemente atomizada e minifundista, resultado dun longo proceso, en ocasións tortuoso, de acceso á mesma que garda relación directa cun poboamento altamente disperso. Este modelo mantivo un equilibrio, alterado na segunda metade do século pasado cun proceso de urbanización e desenvolvemento integral que, sen embargo, non modificou de xeito parello unha base territorial moi reticente aos cambios. Cómo xestionar a día de hoxe esta situación é un reto estructural de relevancia. A súa incidencia deíxase sentir con forza en asuntos como a competitividade do sector agropecuario, o mantemento da calidade ambiental e a loita contra os incendios ou a planificación urbanística. Máxime nun contexto actual de debilidade demográfica e funcional de significativas bisbarras. Neste escenario tivo lugar en Lalín no outono de 2013 un Seminario da UIMP que tivo como obxectivo actualizar as aproximacións á Terra desde unha perspectiva integral. Partindo do feito histórico, prestouse atención ás repercusións económicas, ás políticas públicas de movilidade ou ás implicacións socioeculturales e sociolóxicas que a Terra tivo, e ten, en Galicia. Esta publicación recopila parte das intervencións de profesores universitarios, profesionales do sector, responsables políticos e técnicos da administración que abordaron, desde a súa particular versión, a relevancia da Terra en Galicia. O seu pasado, o presente e o futuro.