Histagra

Título

O atraso: o éxito dun falso mito. Imaxes contra os tópicos do mundo rural e os labregos

Autores/as

O atraso: o éxito dun falso mito. Imaxes contra os tópicos do mundo rural e os labregos

FERNÁNDEZ PRIETO, L.: "O atraso: o éxito dun falso mito. Imaxes contra os tópicos do mundo rural e os labregos",  DUBERT, I. (2016): Historia das historias de Galicia, Vigo, Xerais, p. 357-392.

Ver

No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos –e mesmo inéditos– do noso pasado colectivo.