Histagra

Título

Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura

Autores/as

Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura

FERNÁNDEZ PRIETO, L. e ARTIAGA REGO, A. (eds.) (2014): Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura, Madrid, Ed. La Catarata.

Ver

Sabemos pouco do pasado e boa parte é mentira”. Entón, que facer coa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Volver a ese pasado é o que levan facendo historiadores e historiadoras desde hai décadas, coincidindo co proceso coñecido como recuperación da memoria histórica. Pero o relato colectivo dese pasado incómodo de golpe, guerra e ditadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados polo baruto da reconciliación na Transición. É momento agora de intentar construír un novo relato e temos sobrados fundamentos historiográficos para facelo. Isto é, precisamente, o que realizamos nesta publicación.